NOIA> A Feira do Comercio de Noia Histórica é xa unha cita ben consolidade con quince edicións ás súas costas. Esta fin de semana celebrarase a décimo sexta coa participación dunha vintena de comerciantes.
Mañá ás catro e media da tarde abrirá as súas portas a Feira do Comercio de Noia no pavillón Agustín Mourís. Alí instalarán os seus expositores vinte comerciantes de sectores varios que ofrecerán interesantes descontos.
Ademais de propiciar a liquidación de stocks a feira busca converterse nun punto de encontro e de atracción de visitantes. Como actividade complementaria estaba programada unha exposición de coches antigos que finalmente tivo que ser aprazada por mor das malas previsións meteorolóxicas.
Dende o concello animan á cidadanía a achegarse ata a feira para contribuír a dinamización do comercio local.
O sábado e o domingo a feira abrirá as súas portas ás dez e media. Pechará a mediodía entre as dúas e media e as catro. Pola tarde estará aberta ata as nove e media o sábado mentres que o domingo botará o peche media hora antes.