Os comuneiros quéixanse da tardanza de axudas contra incendios

    andras_monte100.jpgVILANOVA> A comunidade de montes de András, en Vilanova, leva gastados xa 50.000 euros en labores de prevención de incendios forestais.

    {flowplayer}images/salnes/comunidade_montes_andras_incendios.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> Chega o bo tempo, e con el, o perigo de incendios forestais. A campaña antiincendios xa comezou hai unha semana pero desde as comunidades de montes, o traballo de loita contra o lume comezou moito antes.

    É o caso da de András, en Vilanova. Aquí levan a cabo un plan anual de prevención, que inclúe a construcción de corta lumes, limpeza e arranxo de pistas forestais e desbroce nas zonas repoboadas. Os comuneiros de András contan con 15 hectáreas de plantacións de castiñeiros, nogueiras, e carballos americanos, nunha zona que foi arrasada polos incendios de 2006. Uns lumes que afortunadamente non afectaron ó terreo, que está en boas condicións para producir. Daquelas lapas tamén se libraron algúns pinos e as novas sementes saen con forza.

    Para manter isto en boas condicións, a comunidade xa gastou uns 50.000 euros, e inda lles queda por gastar de aquí a que remate a campaña. E todo, sen a penas axuda das administracións. Estes comuneiros quéixanse de que as axudas, se as hai, chegan demasiado tarde.

    Amais das labores de prevención e dos coidados durante a campaña antiincendios, en András teñen acondicionados catro depósitos de auga.

    Redacción Salnés