Este San Xoán, menos sardiña nas prazas e ó dobre de prezo

     sardina copia.jpg SALNÉS> A pesar de que os mariñeiros se queixan da escaseza de produto, non houbo problemas de abastecemento. O quilo ía hoxe a oito euros.

    {flowplayer}images/salnes/SardinaPrazaSanXoan.flv{/flowplayer}

    Se hai un día no que a sardiña se convirte máis aínda nun manxar, ese día é hoxe. Como se adoita dicir, por San Xoán a sardiña molla o pan, pero para comprobalo hai que baleirar o peto un pouco máis que o resto dos días. Ata 3 e 4 euros de diferencia por quilo con respecto ós prezos de onte.

    Os prezos tamén varían dependendo de onde veña a sardiña ou de cómo se collera, pero no que sí coinciden as peixeiras é en que a calidade é moi boa. Este ano ademais houbo menos capturas das que adoita haber nestas datas polo que, aínda que non houbo problemas de abastecemento, sí se veu menos sardiña nas prazas.

    Segundo foi avanzando a mañá a sardiña foise vendendo, pois aínda que algúns vexan xa no churrasco un duro competidor, a raíña da noite de San Xoán, segue a ser a sardiña.

    Redacción Salnés