A sétima Semana Náutica chega a Vilaxoán

    fotonauticacopia.jpgVILAXOÁN> As actividades comezan mañá e desenvolverante ata o vindeiro mércores. A organización corre a cargo da Asociación Marítima e Cultural de Vilaxoán.

    {flowplayer}images/salnes/SemanaNauticaVilaxoanPtac.flv{/flowplayer}

    A Asociación Marítima e Cultural de Vilaxoán presentou esta mañá a que será a sétima edición da Semana Náutica, xunto ós representantes da organización estiveron ademais o concelleiro de Deportes, Luis Garrigós e a concelleira de cultura Ángeles Rodríguez.

    Dende mañá e ata o vindeiro mércores 29 serán moitas as actividades que se van desenvolver, comezando pola chegada ó porto de Vilaxoán das embarcacións de vela tradicional e navegación libre.

    Ademais a Asociación tamén quixo agradecer a colaboración da Confraría de Pescadores, cunha gran dispoñibilidade para facilitarlles o traballo. Celestino Brianes tamén aproveitou para poñer de manifesto as ganas da asociación de levar a cabo novas iniciativas.

    Aínda que normalmente esta semana náutica celébrase entre agosto e setembro este ano adiantouse para facela coincidir co X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que será os días 30 de xuño e 1,2 e 3 de xullo en Carril.

    Redacción Salnés