Cambados organizará unha xornada o día 24 para poñer en valor e celebrar os 400 anos do Muíño da Seca

CAMBADOS> Cambados prepara as últimas activades para despedir a celebración do 400 aniversario do muíño da seca. O vindeiro dia 24, na casa da calzada, o concello celebrará unha xornada para poñer en valor o muíño e unha visita guiada á construción histórica. Ademais , o concello tamén esta pendente dos trámites do patrimonio para poder restaurar o muíño danado por unhas pintadas.

O muiño da seca de Cambados cumpre este ano 400 voltas ao sol. Para celebrar o aniversario, a vila leva meses realizando diferentes actividades para poñer en valor a edificación. A última terá lugar o día 24.

A xornada estará dividida en dúas partes: pola mañá haberá un seminario, unha mesa redonda e a presentación dunha web serie sobre Cambados que terán lugar na casa da calzada e pola tarde unha visita guiada ao muíño.

Ademais da súa posta en valor, o concello tamén traballa na rehabilitación do muíño tralas pintadas sufridas hai uns meses.

Os interesados en participar na xornada poden facelo de forma gratuíta. Ata o de agora, o concello xa realizou varias actividades que, segundo explican, foron un éxito. Ademais o goberno local tamén traballa para realizar novas actuacións de mantemento e mellora do muíño pendentes das axudas da deputación de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí