Cinco persoas resultaron feridas nun forte accidente na vía rápida do Salnés

CAMBADOS> Tres vehículos involucrados nunha forte colisión na vía rápida do Salnés á altura de Cambados. Foi necesaria a intervención dos equipos de emerxencia para excarcerar a dous persoas que quedaron atrapadas nun dos coches. 5 persoas resultaron feridas.Preto das 9 da mañá tivo lugar un novo accidente na vía rápida do Salnés á altura de Corvillón, en Cambados, no que se viron involucrados tres vehículos. A colisión máis importante tivo lugar entre un Hyundai e un Megane que chocaron frontalmente, quedando o primeiro vehículo envorcado sobre a vía. O terceiro vehículo foi un taxi de marca Mercedes que impactou por alcance a un dos vehículos. Debido a violencia do accidente foi necesario que os equipos de emerxencias excarceraran as dúas condutoras dos dous primeiros vehículos involucrados no suceso.

En total resultaron feridas cinco persoas que foron trasladadas ao hospital do Salnés, dúas de elas de consideración, trátase de dúas mulleres, unha cambadesa de 37 anos e unha vilagarciá de 48. As tres persoas restantes son o condutor do taxi e a muller e a nena que viaxaban nel.

Ata o lugar do accidente achegáronse a policía local de Cambados, a Garda Civil, os servizos de emerxencias de Cambados, os Bombeiros de Ribadumia e dúas ambulancias do 061. As causas do accidente por agora se descoñecen e están sendo investigadas pola Garda Civil.

Tras o sinistro a estrada estivo cortada durante horas mentres os servizos de emerxencias de Cambados e de conservación de carreteiras da Xunta realizaban as tarefas de limpeza da calzada.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí