O feminismo faise un oco na programación de Noites Abertas

PONTEVEDRA> Volve Noites Abertas. O programa municipal de ocio xuvenil regresa a Pontevedra para celebrar a súa vixésimo primeira edición. E o fai coa creación dunha comisión de Promoción de Igualdade. A cal, levará a cabo un laboratorio feminista para concienciar á mocidade.

Xa está aquí a XXI edición de Noites Abertas. O programa de ocio xuvenil volve a Pontevedra con 95 actividades e 204 sesións. Ademais das tradicionais como a cestería, o ioga ou a billarda, este ano a organización quixo dar un paso máis no activismo xuvenil. Para iso, creouse unha Comisión de Promoción de Igualdade. Na cal realizarase un laboratorio feminista.

Pero esta non será a única novidade. Nesta edición darase especial importancia á promoción. Tanto nos centros de ensino, a través da compañía Ibuprofeno Teatro, como nas redes sociais.

Unha programación pegada á actualidade e aos intereses da mocidade pontevedresa. Noites Abertas dará comezo este venres e prolongarase ata o 4 de abril. Durante estes meses, a xuventude de entre 12 e 30 anos poderá gozar, dun xeito diferente, das noites de venres e sábado na cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí