Todo a punto para as alfombras florais do domingo de Corpus

    fotoalfombracopia.jpgCAMBADOS> Un grupo dunhas 10 mulleres traballa dende o luns para as rúas da vila se vistan de gala para ver pasar a procesión.

    {flowplayer}images/salnes/AlfombrasCorpusCambados.flv{/flowplayer}

    Coa única axuda das tesoiras e os ánimos que dan as conversas entre elas, estas mulleres levan toda a semana traballando nas alfombras florais que o domingo vestirán as rúas de Cambados para celebrar o Corpus Christi.

    A mellor flor para as alfombras é a hortensia, que ademais é a que máis abunda. Aínda que é bastante traballo o destes días, ver o resultado final é a mellor recompensa.

    Algunhas delas levan moitos anos levando a cabo estas tarefas pero outras participan na tradición por primeira vez.

    Dende a organización animan ós veciños a que se acheguen a axudar, pois canta máis xente participe mellor será o resultado.

    E todo o que queira botar unha man, non ten máis que achegarse ata a Igresa Parroquial de Cambados, onde cada tarde se reúne este equipo.

     Redacción Salnés