Conde anuncia que Vilanova terá un novo espazo de coworking a partir de setembro

    Vilanova contará cunha aceleradora sectorial para apoiar o emprendemento innovador no concello e na comarca. O anuncio deste novo espazo de coworking fíxoo esta mañá o conselleiro de Economía, Francisco Conde, durante unha visita á adega vilanovesa Gran Vinum. Promover o emprendemento e apoio ós empresarios de VIlanova, especialmente do sector turístico e vitivinícola do municipio. É o obxectivo do acelerador que se creará neste concello, a través dun convenio que veñen de asinar o goberno vilanovés e a conselleria de Economía. A acelerador estará instalado a partir de setembro no Pazo de Vista real e os interesados en optar a esta axuda para a promoción económica xa poden comezar a cursar a súa solicitude. Tal e como anunciou esta mañá o Conselleiro de Economía,Francisco Conde, durante a visita á adega vilanovesa Gran Vinum. Acompañado polo Delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde vilanovés, Gonzalo Durán, o conselleiro coñeceu de primeira man esta adega, unha das que conta con máis proxección e que exporta o 90 por cento da súa produción. O xerente da Adega, Enrique Piñeiro, agradeceu a visita e o apoio que recibe por parte, tanto da Xunta como do concello, e fixo unha estimación máis que positiva da produción deste ano. A colleita deste ano, Gran Vinum ten previsto comezala o próximo 10 de setembro, unhas dúas semanas antes do habitual. Un adianto xeneralizado no sector vitivinícola debido ás condicións climatolóxicas vividas durante este 2017.