Portas renova as instalacións da súa biblioteca

PORTAS > Portas renova por completo a súa Biblioteca Municipal. O espazo foi obxecto dunha fonda posta a punto, na que tamén se mercou novo mobiliario. Ademais, o Concello tamén adecentou outras estancias da Casa da Cultura e mellorou a iluminación do auditorio municipal. Entre esta imaxe do pasado e esta da actualidade, só hai de diferencia uns cantos días. A Casa da Cultura de Portas estrea renovadas instalacións, con melloras en diversos espazos do edificio. A intervención máis destacada é a recuperación da biblioteca, un espazo ó que acoden acotío tanto pequenos como maiores. Ademais da posta a punto dos revestimentos e do chan, na sala instaláronse novos andeis para os libros, mesas e cadeiras. Mesmo se creou un espazo infantil e un pequeno salón, convidando ós usuarios a unha lectura máis pausada. Na Casa da Cultura tamén se levaron a cabo melloras no recibidor principal, cun fondo lavado de cara. Un dos cambios que máis gusta é a homenaxe que se lle fixo ós persoeiros máis celebres da localidade, na escalinata que dá acceso ós andares superiores. Noutro edificio municipal, no auditorio, aproveitouse para mellora-la iluminación. Todas estas melloras realizáronse en base a unha partida da Xunta que ascendeu ós 31.000 euros, a través dun convenio de colaboración entre o goberno galego e o executivo local.