Rouban por cuarta vez na igrexa de Corvillón

CAMBADOS> Os fregueses da igrexa de Corvillón, en Cambados, non gañan para sustos. Por cuarta vez no que vai de ano, o templo foi obxecto dun novo roubo. Aínda que o botín foi escaso e non superou os 30 euros, os estragos son cuantiosos. Tamén preocupa a inseguridade que xeran este tipo de asaltos.

Así comezou o día para Rosa Aragunde. A sancristá da igrexa de Corvillón chegou ao redor das 10 da mañá ao templo para atoparse con esta desagradable sorpresa.

 

Aproveitando a noite os ladróns tiveron vía libre para percorrer as dependencias eclesiásticas de Corvillón para engordar o seu botín. Unhas pescudas que deixaron numerosos desperfectos.

A pesares do empeño dos asaltantes, só atoparon uns poucos cartos que se gardaban na sancristía.

 

Os feitos xa foron denunciados ante a Garda Civil, e dous axentes trasladáronse ata a igrexa de Corvillón para buscar algunha pegada que axude a identificar os responsables do roubo. Así as cousas, os fregueses xa aseguran que se trata do cuarto que sofren nun breve período de tempo.