Os tres tenentes de alcalde de Pontecesures cobrarán 1.300 euros

    fotoplenopontecesurescopia.jpg PONTECESURES> No pleno desta mañá aprobáronse estas tres dedicacións parciais. Luis Angueira, sen embargo, non cobrará polas súas funcións como alcalde.

    {flowplayer}images/salnes/PlenoOrganizacionPontecesures.flv{/flowplayer}

    Os tres tenentes de alcalde de Pontecesures terán unha dedicación parcial pola que estarán obrigados a dedicar un mínimo de 5 horas diarias a traballos no Concello. Así se aprobou esta mañá no Pleno de Organización do Concello, a pesares do voto en contra do Partido Popular, Agrupación Cidadá de Pontecesures e Independentes de Pontecesures.

    Ángel Souto, Roque Araújo e Cecilia Tarela cobrarán por estas dedicacións parciais 14 pagas anuais de 1300 euros. O alcalde, Luis Angueira, pola súa banda, non percibirá remuneración do Concello. E seguirá desenvolvendo o seu posto como profesor no IES Campo de San Alberto en Noia.

    Segundo o alcalde lonxe de aumentar, o gasto vaise reducir con respecto a anterior lexislatura. Outro dos puntos de desacordo nesta sesión extraordinaria foi a creación das comisións informativas permanentes, que estarán integradas por 6 membros.

    Dous representantes do BNG, un de PP e un de IP e outros 2 do Grupo Mixto. Segundo Luis Sabariz non é comprensible que a cuarta forza máis votada no concello se quede sen representación. Unha mostra, dixo, do talante da nova corporación, e do grupo mixto.

    Finalmente foron tres as comisións constituídas; Obras, Urbanismo e Servizos, Asuntos Xerais e Contas, Patrimonio e Contratación. A pesares da oposición de Agrupación Cidadá e da abstención de populares e IP.

    Redacción Salnés