Os pais e o Concello dan o seu apoio unánime á directiva do Náutico

    pte_nautico_cesures100.jpgPONTECESURES> Piragüismo. Desto é do único que quere falar a partir de agora o Club Náutico Pontecesures, logo da detención dun monitor …

    {flowplayer}images/salnes/xuntanza_nautico_pontecesures.flv{/flowplayer}

    PONTECESURES> Piragüismo. Desto é do único que quere falar a partir de agora o Club Náutico Pontecesures, logo da detención dun monitor supostamente relacionado coa aparición dunha cámara de vídeo no vestiario feminino.

    A directiva reuniuse onte cos pais dos seus deportistas e cos membros da corporación municipal, dos que recibiu un apoio unánime. Tanto a directiva como Concello e usuarios queren pasar páxina para evitar que estes feitos tan graves ofusquen a traxectoria, ata o momento, impecable do club.

    Mentres, continúan as investigacións para esclarecer o acontecido a pasada fin de semana. Axentes especializados en delitos informáticos estudian os arquivos recollidos no ordenador do monitor detido para ver o alcalde do uso que supostamente fixo coas gravacións feitas ás mozas nos vestiarios do club. De momento, o monitor, que xa foi apartado das súas funcións no Náutico, está acusado dun presunto delicto de abusos sexuais, pero de demostrarse ademais que distribuía as imaxes, xa sería pornografía infantil.

    A denuncia feita polas alumnas o pasado venres ante a Garda Civil de Valga refírese só á gravación de imaxes cunha cámara agochada nunha caixa de ferramentas.

    Redacción Salnés