A Guía Repsol cata máis de sesenta Rías Baixas

    catarepsol copia100.jpgPONTEVEDRA> Os caldos que consigan máis de 86 puntos estarán incluídos na edición 2012 da prestixiosa publicación.

    {flowplayer}images/salnes/CATA_GUIA_REPSOL.flv{/flowplayer}

    Durante a xornada de hoxe, o panel de cata, encabezado pola coordinadora da guía, María Isabel Mijares, catou algo máis de 40 dos viños presentados, todos eles brancos, da anada 2010 e elaborados a partires das diferentes variedades de uva que ampara este Consello Regulador.

    Segundo María Isabel Mijares, moitos destes viños pasarán a formar parte da nova edición da Guía Repsol. Unha publicación que esixe un mínimo de 86 puntos na cata para que os viños candidatos poidan incluírse.

    Esta é a terceira vez nos seus dez anos de historia que o panel de cata da guía se traslada ata o Consello Regulador de Rías Baixas. Unha iniciativa coa que buscan dar cabida ós viños elaborados por adegas de menor tamaño.

    Para o segundo turno de cata, que se celebrará mañá, o panel avaliará ata 25 marcas máis, entre as que, ademais de viños do 2010, se inclúen elaboracións especiais, como viños con crianza en madeira ou sobre lías.

    Redacción Salnés