Marcos, presentado como novo xogador do Portonovo

SANXENXO> A primeira fichaxe do Portonovo para a vindeira temporada chámase Marcos Bermúdez. O porteiro procedente do Céltiga volve dous anos despois ó club no que se formou como xogador.

{flowplayer}images/salnes/portonovo_300611.flv{/flowplayer} 

Despois do anuncio da súa contratación o martes pola mañá, Marcos foi presentado en sociedade este xoves, nun acto que o Portonovo convertíu nunha auténtica festa. Nel participaron rapaces da base do club arlequinado, entre eles os sobriños do propio Marcos.

O gardamallas, formado en Baltar e canteirán tamén de Celta de Vigo e Real Madrid, volve ó Portonovo tras dúas temporadas no Céltiga e tentará gañarse un posto no equipo de Luis Casais, ante a competencia de Andro.

Coa chegada de Marcos sae do plantel Velay, que o mércores pola noite asinou co Sanxenxo.

A dirección deportiva do Portonovo sigue a traballar na confección do plantel para a vindeira temporada. Luis Casais quere acurtar ó máximo os prazos, de feito convocou unha reunión para o sábado cos xogadores xa firmados e cos que aínda non teñen defenido o seu futuro.

Redacción Salnés