Poio presenta os vindeiros dous festivais musicais de verán

    POIO> O Concello de Poio argalla esta semana o terceiro Festival da Ameixa e a décimo terceira edición do Festival Internacional de Folklore,…

    {flowplayer}images/salnes/ptac_festa_ameixa_poio.flv{/flowplayer}

    … dúas actividades de ocio, con entrada de balde, que intentarán entreter no seu tempo de lecer de veciños e visitantes. En primeiro termo o Festival do Folklore terá lugar este xoves 7 e o venres 8; e desta volta tócalle celebrarse no parque novo de Costa Xiraldez, en Lourido.

    Tamén o venres, na praza da Granxa, celebrarse a terceira edición do Festival da ameixa que contará cun grupo teloneiro galego e dúas actuacións ben coñecidas do panorama musical galego.

    O Concello investirá cadanseus 7.000 e 30.000 euros, respectivamente nestes dous festivais desta semana. Logo na segunda quincena de Xullo xa chegará, entre outras, a propia festa de degustación gastronómica da ameixa, entre outras.

    Unhas actividades, que ó igual que o ano pasado non contan con participación algunha da Asociación organizativa do Xacobeo; cuestión pola que Poio se sinte de novo víctima dun agravio comparativo con outros concellos con menos potencialidade turística.

    Non entendemos porque o Xacobeo non se fixa en Poio. Hoxe mesmo esta concellería de festexos cambiou de titular: pasa de ser atendida por José Luís Martínez ás mans de Margarita Caldas.

    Redacción Salnés