Louzán reúnese cos responsables dos 34 portos deportivos da provincia

    portos_deportivoscopy.jpgPONTEVEDRA> O obxectivo desta xuntanza é identificalas necesidades particulares de cada instalación no tocante á accesibilidade.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_PORTOS_DEPORTIVOS.flv{/flowplayer}

    O Presidente de Portos de Galicia e o Presidente da Deputación de Pontevedra reuníronse esta mañá cos responsable dos 34 portos náutico- deportivos da provincia.

    A reunión prodúcese despois da elaboración dun estudo por parte da Deputación dentro do proxecto europeo Nea 2 Atlántico. Neste estudo concluíase que malia as melloras levadas a cabo en materia de accesibilidade e contaminación, era necesario desenvolver outras medidas de cara a mellora da accesibilidade nos portos náutico- deportivos, da calidade ambiental e da sostibilidade con outras actividades.

    Por iso, o obxectivo desta xuntanza cos representantes dos 34 portos náutico- deportivos da provincia, era identificalas necesidades particulares de cada instalación no tocante á accesibilidade.

    Entre as conclusións da reunión figuran a necesidade da igualdade de trato entre as sociedades, da axilidade á hora de tramitar permisos e da construción dunha planta de reciclaxe para embarcacións de fibra de vidro.

    Redacción Salnés