As explicacións do equipo de goberno sobre o conflito no CIM tampouco satisfan ó BNG

BOIRO> O BNG saíu hoxe tamén ante ós medios para dar a súa versión dos feitos. Para os nacionalistas tanto o alcalde coma a edil de Igualdade incumpriron o acordo acadado en pleno.

Segundo eles non houbo investigación algunha, e o goberno local centrou as súas explicacións nas presuntas irregularidades cometidas pola ex-técnica de Igualdade, cando a raíz do problema non era esa.

Para o BNG o equipo de goberno minte tamén cando di que este grupo de mulleres non tivo ningún tipo de relación coa psicóloga do CIM, como tamén o fai cando di que a ex-técnica de Igualdade non estaba adscrita a este servizo municipal.

Segundo eles, tanto o alcalde coma a edil de Igualdade engánanse cando acusan ós grupos de oposición de usar este asunto con fins electoralistas, cando é totalmente o contrario.

Por esta razón dende o BNG apela á seriedade e ó rigor que ten que ter toda persoa que exerza a función política, e máis nun asunto como este. cando se está a tratar algo tan sensible, que afecta a un grupo de mulleres en situación de máxima vulnerabilidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí