A Conselleira do Mar destaca a sustentabilidade e innovación da empresa cambadesa Algas La Patrona

CAMBADOS> A conselleira do Mar visita a empresa cambadesa Algas La Patrona como un exemplo de sustentabilidade e diversificación do sector do mar. A fábrica obtén as algas da ría de Arousa e as elabora para o seu consumo. A conselleira tamén anunciou que a recollida destes produtos do mar acaba de regularse para que as empresas interesadas poidan presentar os seus plans de explotación.

Dende o ano 2018, unha empresas de Cambados dedícase ao procesado e elaboración de algas. Un produto típico dos nosos mares pero con moi pouca presenza na nosa alimentación diaria. Pola súa forma de traballar sostible e ecolóxica e como exemplo de diversificación do sector do mar, a consellería quixo recoñecer a súa labor.

A empresa, composta por tres traballadoras, merca as algas na Illa de Arousa e encárgase do seu lavado, procesado e elaboración ata convertelas nun alimento apto para o consumo.

A empresa mira cara o futuro con novos proxectos cos que fomentar o consumo de algas. Un deles ten que ver coa recollida deste produto directamente do mar por parte das empresas e non só das confrarías. Uns traballos que serán posibles coa nova regularización da Consellería do Mar.

A empresa agradece as axudas do Galp para poder adquirir equipamentos cos que desenvolver e ampliar a súa actividade. Ademais do mercado nacional dende La Patrona tamén miran ao exterior con clientes en países como Alemaña ou Suíza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí