O GDR Salnés Ulla-Umia prepara a súa estratexia para a xestión dos fondos do período 2023-2027

CAMBADOS> O GDR Salnés Ulla-Umia comeza a deseña-la súa estratexia para a xestión dos fondos do período 2023-2027. Os representantes da entidade mantiveron onte á tarde unha xuntanza en Cambados para tratar este asunto. A reunión serviu tamén para formaliza-la incorporación de novos socios ao proxecto.

Unha imaxe que tamén volve trala pandemia. A xunta directiva do GDR Salnés Ulla-Umia retomou as súas reunións presenciais e fíxoo cun encontro en Cambados. O punto clave da xuntanza centrouse no deseño da súa estratexia para a xestión dos fondos do período 2023-2027.

O presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural aposta pola continuidade na xestión destes recursos, despois do bo resultado da convocatoria anterior. Vidal Seage agarda un incremento dos recursos para a vindeira convocatoria, o que supón tamén un maior esforzo de xestión.

O que non mudan son os obxectivos do GDR, centrados no impulso ao mundo rural, como espazo rico en recursos e no que se pode xerar riqueza.

A sesión serviu para formaliza-la incorporación de novos socios, en concreto, Amigos da Salgadeira do Grove, Asociación O Batuqueiro e Arousa Moza. No encontro tamén se aprobaron tódalas actas pendentes, por mor da covid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí