Gaña o premio de 600 euros de Zona Aberta por mercar uns pendentes que devoraron os seus cans

VILAGARCIA> Gran participación na campaña do Día do Pai celebrada pola Asociación de Comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía. Un afortunado lévase un premio de 600 euros en vales compra. Fixo as súas adquisicións na xoiería Rapariz para agasallar a unha amiga embaraza e o premio irá destinado para o futuro bebe.

Os comerciantes de Vilagarcía celebraban con moita ilusión á campaña do día do Pai. Unha promoción que viña marcada pola reapertura da hostalería e pola eliminación dos peches perimetrais. Para fomentar as vendas, dende Zona Aberta sortearon un vale de compra valorado en 600 euros entre os seus clientes.

O afortunado realizou a súa compra na xoiería Rapariz. Mercou uns pendentes para agasallar a unha amiga embarazada pero antes de entregarllos tivo un pequeno contratempo.

Por sorte, e a pesar de ser domingo, dende o establecemento atenderon de novo a Eduardo para mercar outros clientes. Agora o premio irá destinado a agasallos para o futuro bebé.

Dende a Xoiería Rapariz mostraron a súa satisfacción porque o premio recaese nun dos seus clientes. Tamén celebraron a realización destas campañas para axudar ao pequeno comercio.

Dende Zona Aberta xa pensan nas seguintes datas para realizar máis campañas coas que premiar aos seus clientes. A próxima será en maio coincidindo co Día da Nai. Entremedias agardan que a situación sanitaria non empeore e que xunto co bo tempo, as vendas aumenten en Semana Santa.