![]()
SANXENXO> Pais, mestres e alumnos do colexio de Vilalonga construíron un centro simbólico no Revel, onde deberían estar as novas instalacións.
{flowplayer}images/salnes/PROTESTA_COLEXIO_VILALONGA.flv{/flowplayer}
Pais e alumnos do colexio O Cruceiro de Vilalonga fartos de esperar pola construción do novo centro comprometido dende hai tempo polo concello, decidiron aproveitar este Entroido e tomar a iniciativa. Un grupo deles acompañados de pequenos, construíron e inauguraron o novo centro, que lles servirá para reivindicar as novas instalacións.
A comitiva, equipada para as tarefas de construción, percorreu o camiño entre o actual centro e os terreos do Revel onde debería estar ubicado o novo colexio. Unha reclamación que pais e profesores levan facendo dende ó redor de catro anos, sen que nin o concello de Sanxenxo nin os gobernos bipartito e popular da Xunta, conseguiran acadar un acordo.
A polémica reavivouse o pasado mes de decembro, cando a Consellería de Educación atribuíu o atraso na redacción do proxecto á inexistencia de terreos cedidos polo concello. Unha situación que foi desmentida o pasado mes de febreiro pola alcaldesa, Catalina González, quen asegurou que ese trámite fora realizado xa no 2007. Explicación que non convence ós pais.
A pesares das protestas dos pais, que incluso acudiron ó pleno do concello do mes de febreiro, o proxecto continúa paralizado. Unha situación sobre a que hoxe volveron chamar a atención, desta vez, con moito humor.
Redacción Salnés






