Unha familia de Caldas pide axuda ante o derribo inminente da súa casa

    derribo_casacopy.jpgCALDAS> Un conflito veciñal, entre membros da mesma familia, desencadeou esta situación que rematará o 24 de agosto.

    {flowplayer}images/salnes/DESALOXO_FAMILIA_CALDAS.flv{/flowplayer}

    A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é firme. O 24 de agosto o concello de Caldas terá que proceder á execución subsidiaria do derribo desta vivenda situada no lugar de Follente, na parroquia de Bemil.

    Os propietarios do inmoble recoñecen que no seu día decidiron rehabilitala debido ó estado de deterioro no que se atopaba e a ampliaron pola parte superior sen contar coa correspondente licenza.

    Segundo Mónica, un conflito veciñal, propiciou esta situación. Problemas con este camiño público, preito que despois gañarían os seus pais, fixo que un primo carnal os denunciase. Pero non só pola suposta ocupación do camiño senón tamén por un suposto exceso de altura da vivenda.

    A orde de derribo é firme pero esta familia, composta por seis persoas, entre as que se atopan dúas menores, piden axuda. Contan co apoio do concello pero precisan un terreo no que construír unha nova vivenda, do que non dispoñen.

    A pesares da difícil situación pola que está a atravesar esta familia, Mónica é optimista e confía en poder estar algún día tranquila no seu propio fogar.

    Redacción Salnés