Primeira mobilización dos traballadores de Pontecesures para reclamar unha RPT

PONTECESURES> Os traballadores do concello de Pontecesures comezaron hoxe as mobilizacións para reclamar unha nova Relación de Postos de Traballo. Como anunciaran a semana pasada, os empregados municipais concentráronse este mediodía ás portas da casa consistorial para reclamar ao executivo que leve adiante este documento. E é que aseguran que a RPT é fundamental para mellorar a súa situación laboral.

Os traballadores de Pontecesures iniciaron este mediodía o seu calendario de mobilizacións. Como xa anunciaran a semana pasada, concentráronse ás portas do concello para reclamar melloras laborais, que non son posibles ata que o goberno local elabore a nova Relación de Postos de Traballo.

A falta da RPT foi un dos motivos que provocou a moción de censura que entregou o concello ao Partido Popular. Agora, a pesares das promesas do novo equipo de goberno o documento continúa sen elaborarse.

Os traballadores aseguran que continuarán concentrándose todos os luns diante do concello ata que sexan convocados para negociar. Tamén teñen previsto levar as súas protestas ata os plenos ordinarios que se celebren para recordar que a RPT é unha tarefa pendente do executivo.