Volve a Festa do Pan e Ribadumia adianta a intención de facela de Interese Turístico de Galicia na vindeira edición

RIBADUMIA> Volve a Festa do Pan de Ribadumia. O concello recupera a popular cita despois de dous anos en branco por mor da pandemia. O sábado 13 de agosto o municipio porá en valor tanto este produto como todo o procedemento tradicional para a súa elaboración. Haberá recreación das diferentes fases seguida de degustación, concurso de sobremesas, xantar popular e animación, nos muíños de Batán e na carballeira de Ribadumia.

Os muíños de Batán volverán funcionar o vindeiro sábado 13 de agosto. Ribadumia recupera a Festa do Pan despois de dous anos en branco pola covid.

Cultural é, porque no marco da festa recréase o procedemento tradicional de elaboración do pan. Incluíndo a moenda.

Xa ás 10 da noite a programación volverá centrarse na Carballeira de Ribadumia. Aquí haberá degustación e xantar popular, a prezos asumibles para todos os petos.

Outra das actividades estrela da festa é o concurso de sobremesas elaboradas con pan e de empanadas de millo. Recuperando receitas tradicionais e, moitas veces, descoñecidas.

A deste ano será a décimo novena edición da Festa do Pan. O concello xa mira cara o ano que vén e adianta: o vixésimo aniversario solicitarán a declaración de interese turístico de Galicia.

Toda a programación completarase con obradoiros para os máis cativos e música, incluíndo a actuación do grupo Xironsa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí