Campelo prepárase para celebrar a XXIV edición da Festa da Ameixa

    festa_ameixacopy.jpgPOIO> Esta fin de semana os comensais poderán degustas ameixa á mariñeira, con fideos ou con fabas e mexillóns ó vapor.

    {flowplayer}images/salnes/AMEIXA_POIO.flv{/flowplayer}

    A celebración arrancará o sábado coa inauguración no peirao de Campelo dun monumento ás mariscadoras. Será media hora máis tarde cando se produza a apertura da carpa degustación na Praza da Granxa.

    Sobre dezaoito persoas traballarán na carpa degustación para que estea todo a punto para os comensais. Non teñen unha cantidade estimada das racións que van vender pero agardan, a lo menos, igualalos mil quilos de produto que repartiron o ano pasado.

    Será a partir das seis da tarde do sábado cando se celebre a IX edición Bandeira de Traíñas Concello de Poio. Quince clubs competirán este ano para conseguila prezada bandeira.

    O sábado pola noite será a actuación dos fogos de artificio e da orquestra Embajadores. O domingo a partir das once celebrarase a Festa da Bicicleta e ó mediodía volverase abrir a carpa de degustación.

    Redacción Salnés