A praza de abastos baléirase tralas avalanchas dos primeiros días de alarma polo coronavirus

VILAGARCÍA> No marco de restricións impostas polo Estado de Alarma para apertura dos establecementos, as prazas de abastos son unha excepción. Ao igual que os supermercados, permanecen abertas para que as persoas poidan abastecerse. Tralas avalanchas dos primeiros días, os mercados notan agora unha baixada na afluenza de clientes. Tamén traballan con medidas preventivas para evitar os contaxios do COVID-19.

Tralas avalanchas dos primeiros días… Esta é a imaxe que hoxe atopabamos na praza de abastos de Vilagarcía. Postos cheos de produto fresco, pero poucos clientes.

Xa hai días que na praza de abastos de Vilagarcía se tomaron medidas para previr os posibles contaxios por coronavirus. Máscaras, luvas de látex e gardar as distancias de seguridade, son as normas que tamén se cumpren no mercado.

E fronte á imaxe de estantes baleiros que se ve en moitos supermercados, os praceiros aseguran que os alimentos frescos non faltarán nos seus postos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí