Arranca no Grove unha nova edición de Degusta Europa para promocionar os produtos locais con receitas estranxeiras

OGROVE> Arranca no Grove unha nova edición do programa Degusta Europa. A iniciativa encabezada pola Deputación de Pontevedra busca promocionar os produtos locais e achegar receitas de outros países. Os encargados de elaborar os pratos foron os alumnos e alumnas do CIF Carlos Oroza.

A praza do concello de Grove foi a localización elixida pola Deputación de Pontevedra para comezar unha nova edición do programa Degusta Europa. Tras o parón obrigada pola pandemia, o organismo provincial recupera esta iniciativa que busca promocionar os produtos locais e a súa vez amosar diferentes receitas doutros países para elaboralos.

Os pratos foron elaborados polo alumnado do CIF Carlos Oroza. Entre as súas propostas atópase un prato francés, outro italiano, unha sobremesa suíza aproveitando os limóns do Grove e todo acompañado por un cóctel típico de Italia.

Dende o concello destacan a oportunidade de poder acoller un programa como Degusta Europa. Xa que a través del mándase a mensaxe de unión dos países europeos a través da gastronomía e á súa vez promociónanse os produtos locais.

O alumnado do CIF Carloso Oroza elaborou 800 tapas, 200 de cada prato. Da degustación puideron gozar tanto a veciñanza que se achegou á praza de abastos como as propias traballadoras e traballadores da instalación. O programa Degusta Europa desprazarase agora a outra vilas como Mondariz, Pontevedra, Gondomar, Vigo e a Guarda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí