Un mozo de 27 anos perde a vida tras impactar contra un muro

    accidenteilla copia.jpgILLA> Segundo as primeiras hipóteses, o mozo puido perdelo control da súa moto o que provocou que se saíse da vía e impactase contra o muro.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_ILLA.flv{/flowplayer}

    Un mozo de 27, que responde ás iniciais J. O. S. e veciño de A Illa de Arousa, perdeu a vida este mediodía, pasadas as dúas e media, cando circulaba pola nova estrada da circunvalación, á altura do Porto do Xufre, a catrocentos metros da Lonxa.

    Segundo as primeiras hipóteses, o mozo circulaba en dirección á entrada da vila cando nesta curva perdeu o control da súa motocicleta, unha kawasaki, o que provocou que se saíse da vía e impactase contra este muro de contención.

    Foi un particular o que deu a voz de alarma ó 112 pero os servizos de emerxencias nada puideron facer por salvarlle a vida xa que falecera ó instante.

    As causas do accidente descoñécense e tamén se o mozo levaba posto o casco ou non xa que se atopaba afastado do falecido. O Policía Local que se atopaba no lugar informou que, polo momento, non saben se o levaba posto ou se pola forza do impacto se lle saíu.

    Ata o lugar desprazouse, ademais da Policía Local, Protección Civil, a Garda Civil de Tráfico e o 061.

    Redacción Salnés