O concello de Muros confirma cinco positivos máis por covid na localidade

MUROS/BARBANZA> Trataríase dun novo abrocho vinculado co establecemento A Vianda, actualmente pechado.

O número casos activos por covid na área sanitaria Santiago-Barbanza segue subindo. Hoxe son xa 130 positivos, dezasete máis que onte.  Descende a cifra de pacientes ingresados en hospitais. A día de hoxe son unicamente dous, un no Clínico de Santiago e outro no sanatorio da Rosaleda, tamén na capital compostelá.

Segue medrando tamén o número de pacientes curados. Xa son 1.855. E a cifra de de PCR realizadas ata o de agora, preto das 44 mil.

Sanidade dá por controlado o abrocho do cámping de San Francisco, en Louro, onde se manteñen activos os dez positivos. Pero dende o concello muradán informan tamén doutros cinco positivos máis na localidade, que se atopan tamén en situación de illamento domiciliario e baixo seguimento dos equipos sanitarios. Entre eles figuran os responsables do establecemento A Vianda, actualmente pechado.

Os responsables do local, ante as dificultades de identificar a tódolos clientes que pasaron estes días polo bar, fan un chamamento a todas aquelas persoas que estiveran en contacto estreito con algún dos traballadores do establecemento na última semana para que chamen ó teléfono 900 400 116.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí