A Deputación financiará as obras de peonalización na rúa Pedra Sartaña

 NOIA> O organismo provincial tamén sufragará parte do funcionamento do equipo de desenvolvemento infantil e atención temperá da asociación A Misela.

{flowplayer}barbanza/conveniosdeputacionnoia.flv{/flowplayer}

O titular da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou coa presidenta da Asociación A Misela de Noia, María del Carmen Hermida, un convenio de colaboración a través do cal a institución provincial financiará o funcionamento do Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá da entidade. O acordo supón unha achega provincial de 20 mil euros, unha cantidade que cubre o 60% do total previsto para ese fin.

Mellora Pedra Sartaña

Posteriormente Diego Calvo asinou na casa consitorial un convenio de colaboración co alcalde da localidade, Rafael García Guerrero, que permitirá a peonalización da rúa Pedra Sartaña. A achega provincial para esta 1ª fase será de 40 mil euros.

Redacción Barbanza