Mar presenta un sistema para recuperar o marisqueo nas zonas C

    zonasc copia.jpg SANTIAGO> Trátase da da reinstalación de moluscos vivos nun novo areal no que permanecerán ata reunir os criterios de calidade para comercializar.

    {flowplayer}images/salnes/NOVIDADES_XESTION_PESQUEIRA.flv{/flowplayer}

    A catalogación como zona C dun areal indica que nel está prohibido mariscar. Ata o 2006 permitíase a extracción dos bivalvos para a súa comercialización en fresco a condición de pasar antes por un proceso intensivo de depuración. Pero hai cinco anos unha normativa europea tamén o prohibiu. Desde a consellería do Mar calculan que esta medida supuxo a perda de centos de postos de traballo, postos que agora pretenden recuperar coa posta en marcha do sistema de reinstalación de moluscos.

    O procedemento será o seguinte. Os mariscadores de tódalas confrarías galegas con praias catalogados como C poderán recoller nelas o marisco e levalo á lonxa. De alí trasladaranse ata a Mariña lucense, onde se situará a zona de reinstalación, é dicir, un areal no que se esparexerán os moluscos e unha vez os técnicos comproben que son aptos para o consumo, devolveranse ás lonxas de orixe para comercializalos.

    A medida foi presentada esta mañá pola conselleira do Mar ós representantes de tódalas confrarías galegas. Desde Mar consideran que o sistema, ademais de crear postos de traballo, permitirá tamén se conseguirá reducir o furtivismo.

    Redacción Salnés