As obras do Eixo Atlántico poderían estar rematadas no 2013

    eixo_atlatnicocopy.jpgCATOIRA> Asegurouno o Ministro de Fomento, José Blanco, durante a visita que realizou ás obras do Viaduto sobre o río Ulla do Eixo Atlántico.

    {flowplayer}images/salnes/PEPE_BLANCO_CATOIRA.flv{/flowplayer}

    O Eixo Atlántico representa a arteria das comunicacións de Galicia. Así o manifestou esta mañá o Ministro de Fomento, José Blanco, durante a visita que realizou ás obras do Viaduto sobre o río Ulla. Alí, anunciou, que de continuar a mesma partida económica nos orzamentos do vindeiro ano, as obras de construción poderían estar rematadas no outono do 2013.

    Nesta construción invertéronse máis de cento dez millóns de euros que se inclúen nos máis de 1600 que o goberno central inverteu no Eixo Atlántico. Uns datos que o Ministro comparou cos escasos douscentos corenta mil investidos polo anterior goberno do Partido Popular. 

    Para a execución deste tramo do eixe, de 1’6 quilómetros de lonxitude, foi necesario a formación de tres illas dentro do río que permiten a realización dos traballos de construción das pilas centrais. Durante a visita, Blanco engadiu que de manterse a inversión dos últimos tres anos, a finais do 2015 a Alta Velocidade chegará a Galicia.

    Por último, José Blanco puxo de relevo que cando acabe a presente lexislatura, Fomento terá executados en infraestruturas preto de oito mil millóns de euros.

    Redacción Salnés