‘Fole debería defender os intereses dos traballadores de Fexdega’

    cigcopy.jpgVILAGARCÍA> Segundo a representante da CIG, Rosa Abuín, a Cámara, a Consellería e o alcalde só pretenden despedir ós traballadores da Fundación.

    {flowplayer}images/salnes/CIG_TRABALLADORES_FEXDEGA.flv{/flowplayer}

    Trala xuntanza do Padroado da Fundación de Fexdega o pasado luns na que se decidiu que técnicos estudarían a viabilidade de que o concello se faga cargo do Recinto Feiral, esta mañá a central sindical CIG confesou non entender a actitude de sometemento do alcalde de Vilagarcía a propostas da Consellería. Consideran que este debe defender o carácter co que naceu a Fundación: promover a económica da localidade e da comarca.

    Pero a preocupación da CIG esténdese ó descoñecemento de cal sería o futuro das instalacións no caso de que se disolvese a Fundación. Rosa Abuín valorou que é unha cuestión de vontade política.

    Abuín sentenciou, ademais, que a difícil situación que atravesa a fundación débese á unha falta de traballo para dinamizalo recinto onde o principal responsable foi o anterior xerente.

    Finalmente, a CIG pediu ós sectores produtivos da comarca que se sumen a esta denuncia para que Fexdega poidan manter o carácter co que se iniciou.

    Redacción Salnés