A Escola de Música de Rianxo, un lugar seguro fronte á covid

RIANXO> Dende o mes de outubro a actividade lectiva na escola realízase de xeito presencial e con case total normalidade. Iso si, cumprindo con tódalas medidas e protocolos establecidos polas autoridades sanitarias.

Hai aproximadamente uns mes iniciábase un novo curso na Escola de Música de Rianxo. A covid puxo tamén a proba o normal desenvolvemento das clases, polo que a dirección da Escola, veuse obrigada a ter que adoptar unha serie de medidas para poder afrontar con tódalas garantías o seu proxecto educativo, que se realiza, en máis dun 90%, de xeito presencial.

Outro dos cambios importantes veu provocado pola necesidade de ter que implantar unha serie de medidas sanitarias para protexer tanto ós alumnos coma os profesores.

Na actualidade a oferta da Escola de Música de Rianxo apenas variou con respecto a outros cursos. é máis mesmo aumentou no número de disciplinas a impartir, chegando mesmo a superar a que ofrecen moitos conservatorios.

Os alumnos e profesores da Escola xa traballan coa mente posta no próximo Festival de Nadal. Como xa acontecera co Festival de Fin de Curso pasado, deberá celebrarse de xeito virtual, debido ás limitacións nos niveis de ocupacións establecidos para o auditorio.