SANTIAGO> O Club Mecos non terá nin o cese da administradora da LGT nin unha rectificación pública por parte da xunta directiva. Así o asegurou onte a Asociación da Liga Noroeste. Negaron, ademais, as acusacións do presidente do club Mecos.
{flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_LGT.flv{/flowplayer}
A cúpula da Asociación Liga Noroeste, matriz da Liga Galega de Traiñeiras, saíu onte ó paso das declaracións vertidas o pasado mércores polo Club de Remo Mecos nas que pedían o cese da administradora da liga e unha rectificación pública da xunta directiva que preside o grovense Diego Portela.
Pero o club Mecos non terá nin unha cousa nin a outra. Desde a asociación desmentiron rotundamente as acusacións do presidente do club e sinalaron que nunca foron expulsados coma o presidente de Mecos asegurou. O erro do club de non ingresala cota de inscrición a tempo, aseguran foi arranxada cunha ampliación do prazo de maneira extraordinaria.
En relación ós estatutos, desde a asociación aseguraron que calquera modificación da cota se pode facer a través de acordo plenario sen ser necesaria unha cambio estatutario. Ademais desde a Liga, negaron calquera tipo de persecución cara o club M
ecos e desvincularon de toda a responsabilidade á directiva da asociación. O presidente da Liga de Traiñeira, Diego Portela, non estivo presente na comparecencia pero animou a Mecos a que tomen as medidas que consideren oportunas. Asegurou, que se isto segue así, non descartan acudir á vía xudicial.
Redacción Salnés