Ó Junquera quédanlle tres finais para a salvación

VILAGARCÍA> O Grupo Junquera estase a xogar a permanencia na 2ªB. Os de Marcio deron un paso cara adiante esta fin de semana ó vencer ó Coruxo. Por diante quédanlle tres partidos que en Fontecarmoa se toman como tres auténticas finais.

Quédanlle tres finais por diante ó Grupo Junquera. A primeira que xogou, gañouna, esta pasada fin de semana. Enfrontábase ó Coruxo en Fontecarmoa e venceu facendo un gran partido por 5-2, con tantos de Tojo, dous de Victor Méndez e outros dous de Toni.

Este triunfo fai recuperar a moral a un equipo que estaba de capa caída e que víu como se lle complicou a permanencia nas últimas semanas. O obxectivo da directiva non é outro que manter ó equipo nesta categoría, o que lles permitiría seguir dando pasos cara adiante como club. De feito boa parte do futuro do equipo pasa por manterse na 2ªB.

De ahí a relevancia deste choque e dos tres que lle quedan por diante ós vilagarciáns. O calendario sen dúbida é o menos favorable de todos cantos equipos se están a xogar a permanencia. Santa María, Azkar B e Carballiño están virtualmente descendidos. A última praza vaina ocupar un deste seis conxuntos: Amigos del Barco, Coruxo, Lobelle B, Zamora, Junquera ou Mera. Pois ben, o Junquera terase que xogar os nove puntos restantes ante equipos que pelexan por algo. Esta próxima xornada visitan a un rival directo como o Lobelle B e logo tocaralle bailar coas máis feas: primeiro contra o Universidade de Valladolid, tamén fora da casa, o equipo que lidera a clasificación e que se está a xogar o título co Parrulo, que será o rival do Junquera na derradeira xornada en Fontecarmoa. Peor calendario imposible, pero os de Marcio están a amosar unha melloría no seu xogo e pezas importantes como Toni ou Victor Méndez, goleadores este pasado sábado, están a recuperar o seu mellor nivel.

Máis sinxelo semella que o ten o Mera, o equipo que arestora que ocupa a última praza de descenso, que xogarase os nove puntos antes equipos que non loitan por nada importante, todos eles son de metade de táboa, como Cidade de Narón, Albense e Puertas Deyma.

Redacción Salnés