Zona Centro premia as mellores camisetas do Albariño

    camisetasalbarino copia100.jpgCAMBADOS> Entre as tres camisetas premiadas, Zona Centro repartiu un total de 1.050 euros. O primeiro premio, dotado con 600, foi para a peña "Os de Vilariño".

    {flowplayer}images/salnes/CAMISETAS_ALBARINO.flv{/flowplayer}

    Por quinto ano consecutivo, as peñas coas mellores camisetas que se deixan ver polo Paseo da Calzada de Cambados, recolleron esta mañá os premios que lles concede a asociación de comerciantes Zona Centro. Só tres grupos de participantes da Festa do Albariño foron os galardoados, aínda que esta edición contou con 37 camisetas inscritas.

    Entre as tres camisetas premiadas, Zona Centro repartiu un total de 1.050 euros. O primeiro dos premios, dotado con 600 euros, foi para a peña "Os de Vilariño". O segundo e o terceiro foron para as peñas Embriajados e Estrume, que recolleron cheques por valor de 300 e 150 euros respectivamente.

    Coa quinta edición deste concurso, Cambados Zona Centro participa un ano máis nas Festas do Albariño da Vila, unha cita que dende a asociación de comerciantes valoran moi positivamente.

    O reparto de sombreiros para os asistentes á Gala do Albariño celebrada o xoves ou a organización de xogos e actividades para os máis pequenos da vila, son outras das actividades coas que a asociación de comerciantes está presente nas festas grandes de Cambados.

    Redacción Salnés