CAMBADOS> O Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns volve ser este ano o escenario do Solemne Acto no que se investirán ás Donas e Cabaleiros.
{flowplayer}images/salnes/PREVIA_CAPITULO_SERENISIMO.flv{/flowplayer}
Cambados despedirá mañá a edición número 59 da súa Festa do Albariño co acto institucional máis importante do programa. Un ano máis, a cerimonia do Capítulo Serenísimo do Albariño será a responsable de pór o broche a estas festas, nunha cita que congrega en Cambados a numerosos persoeiros do sector vitivinícola e do mundo da política.
Á 13.20 horas será cando saia da praza do concello o desfile do Capítulo Serenísimo, das Confrarías e das Autoridades cara a Praza de Fefiñáns. O Patio de Armas do Pazo volve ser este ano o escenario do Solemne Acto no que se investirán ás Damas e Cabaleiros. Uns nomeamentos entre os que destacan a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, a xornalista Cristina Ónega, o Conselleiro de Industria, Javier Guerra, e o xornalista e pregoeiro Bieito Rubido. Tamén se repartirán os recoñecementos ós Albariñenses de Honra, entre eles a Asociación Galega de Sumilleres AGASU, as Follas de Prata do Albariño, que recollerán entre outros o alcalde de Vilagarcía Tomás Fole, e a directora xeral de comercio Nava Castro, e os premios ós Xóvenes Albariñenses.
De seguido arrancará o xantar oficial, nos que ademais se revelarán os nomes dos tres mellores albariños Rías Baixas deste ano.
O importante evento non contará coa presenza do Gran Mestre do Capítulo Serenísimo. Manuel Fraga, un dos principais valedores desta festa, non acudirá á celebración por motivos de saúde . Na súa posición de Gran Mestre, Fraga era o responsable de investir ás damas e cabaleiros, un papel que mañá podería recaer no actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Redacción Salnés