As farmacias da provincia de Pontevedra darán test de antíxenos gratis para os menores de 5 a 11 anos

VILAGARCIA> O 95% das farmacias da provincia de Pontevedra colabora coa Xunta no programa gratuíto de test de antíxenos para nenos. Estas probas permitirán detectar se os pequenos están contaxiados e prever así a expansión do virus, especialmente de cara as festas de nadal.

As farmacias da Provincia de Pontevedra, practicamente na súa totalidade, colaborarán coa Xunta no programa para facilitar de forma gratuíta test de antíxenos aos nenos e nenas de entre 5 e 11 anos. As farmacias súmanse a esta medida para detectar casos positivos entre os máis pequenos.

Os pais e nais poden achegarse ás farmacias e coas receitas do Sergas solicitar este test de antíxenos para os seus cativos.

A realización destes test cobra gran importancia especialmente de cara ás festas de nadal.

As xuntanzas coa familia tamén provocan que os test de antíxenos sexan moi demandados entre a poboación adulta.

Estes test son autotest, os interesados poden facelos nas súas casas ou nalgunhas farmacias. Tanto unhas probas como outras estarán dispoñibles para os clientes durante as vindeiras datas e poder así controlar a expansión do virus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí