A ilustración de Pablo Sartal convértese na imaxe do cartel do Albariño 2022

CAMBADOS> A ilustración do meisino Pablo Sortal será a imaxe do cartel das Festas do Albariño 2022. O seu deseño é unha mostra da súa visión dos festexos: a copa como imaxe principal, acompañada da botella, as uvas, as palmeiras e tamén as nubes e as choivas.

As festas do Albariño 2022 xa teñen a súa imaxe do cartel. O deseño seleccionado foi creado polo meisino Pablo Sortal. O deseñador gráfico repite este honor despois de conseguilo no 2019. A súa imaxe mostra a súa visión das festas do albariño.

O gañador foi escollido por un xurado composto polo concelleiro de cultura de Cambados, polo técnico de cultura da vila, por un pintor profesional da vila, por un representante do consello regulador da DO e pola gañadora da pasada edición. Pablo móstrase moi contento con este premio.

As festas do albariño xa están a volta da esquina, e dende o concello agardan unha gran afluencia de visitantes.

De feito, en previsión dunha posible masificación, o concello trasladará as orquestras ao porto de San Tomé.

En cambados xa teñen case todo listo para a celebración do albariño, queda pendente coñecer o número de adegas que formarán parte do paseo da calzada. As casetas abrirán ao redor do 31 de xullo pero as foodtracks comezarán a servir a partir do 29.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí