VILAGARCÍA> Vaga de roubos na igrexa de Sobrán, en Vilagarcía. En tan só 15 días entraron no templo catro veces. O ladrón non puido levar nada, pero si deixa cuantiosos danos materiais. Calculan que arranxar os desperfectos vai custar uns 13.000 euros. No último asalto, o ladrón feriuse ao cortarse cos cristais da porta pola que accedeu, deixando un Regueiro de sangue pola igrexa. A Policía xa recolleu mostras para tentar identificalo. Con todo, o párroco ten claro que ten que ser alguén da zona. Estes días, están a reforzar a seguridade de portas e ventás para evitar que volva entrar. Tamén van instalar cámaras.
Unha, dúas, tres e ata catro veces entraron roubar na igrexa de Sobrán, en Vilagarcía, en tan só 15 días. As primeiras veces o ladrón entrou por estas pequenas fiestras. A última, por esta porta.
Nas catro ocasións, o botín que levou foi prácticamente nulo. Unhas moedas das esmolas e pouco máis. Iso si, no templo deixa cuantiosos danos materiais, con cambio de ventás e arranxo de portas, así como a reposición dos lampadarios, cos que se ensañou especialmente.
Na última das súas visitas, o ladrón feriuse ao cortarse cos cristais da porta pola que accedeu. Deixou un regueiro de sangue pola igrexa.
E aínda que a Policía está a facer o seu traballo, o párroco xa ten sospeitas de quen puido ser: tendo en conta por onde entrou, ten que ser alguén da zona que coñece ben a igrexa.
E engade…
Na parroquia xa están tomando medidas para evitar que se volvan producir asaltos.
E anuncia tamén que van instalar cámaras de seguridade porque, lamenta, tal como están as cousas non lles queda outra.











