Pontevedra> Recuperar a celebración do patrón da cidade, ese é o obxectivo que se marcan dende o Centro Comercial Urbano Zona Monumental. Para isto, este sábado e domingo, lanzan unha nova iniciativa que consiste nunha laconada en distintos establecementos hostaleiros da cidade, 5 do extrarradio e 21 da zona vella da cidade.
Dende o Centro Comercial Urbano Zona Monumental presentaron esta mañá a primeira edición da Laconada San Sebastián, unha cita que ten como fin volver a recuperar o ambiente e festa que se vivía na Boa Vila coa celebración do seu patrón e como preludio ao Entroido.
Para isto son numerosos os hostaleiros que se involucraron con esta primeira Laconada de San Sebastián, en concreto 26, 21 da zona vella, e 5 do extrarradio. O que farán dende estes locais e poñer un cartel indetificativo co produto que oferten durante o sábado e o domingo relacionado co lacón.
A Festa de San Sebastián foi celebrada tradicionalmente como antelasa do Entroido, dende esta entidade teñen como fin recuperar esta tradición e ambiente festivo que se respiraba na Boa Vila durante esa xornada.
Dende a organización están satisfeitos coa acollida que tivo esta primeira edición da Laconada de San Sebastián, unha cita que se celebrará durante esta fin de semana os días 20 e 21 no horario que cada hostaleiro considere oportuno.
Musica, festa, gastronomía e tradición daranse cita nesta fin de semana en Pontevedra con esta primeira edición da Laconada de San Sebastián.