Campelo, en Poio, verá mellorada a súa estrada xeral e o acceso ó porto

POIO> Campelo, en Poio, verá mellorada a súa estrada xeral e o acceso ó porto. A Deputación e o Goberno Local van asinar dous convenios para unha actuación global na zona. O proxecto tamén contempla unha renovación de tódolos servizos das vías, como o alumeado e o saneamento.

Campelo verá mellora, en breve, a súa estrada principal e tamén o acceso ó seu porto. A Deputación de Pontevedra e o Concello de Poio van asinar en breve dous convenios de colaboración para impulsar estes proxectos. As obras van supoñer unha mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil na principal vía deste punto do municipio poiense e tamén unha intervención global no acceso ó porto de Campelo.

A idea da Deputación é axiliza-los trámites para que o proxecto vexa a luz o antes posible. A intención do ente provincial é que as obras poidan comezar este mesmo ano.

Para o alcalde de Poio, esta é unha nova histórica para a zona. Segundo lembra, esta actuación é unha demanda da veciñanza de Campelo dende hai anos. O proxecto mesmo chegara a ser anunciado no seu día polo anterior equipo da Deputación, sen que se chegara a materializar.

Estes dous proxectos terán un orzamento que rolda os 3 millóns de euros. O 70% vai ser asumido pola Deputación, mentres que o 30% restante terá que ser aportado polo Concello.