O Pazo Quinteiro da Cruz prepara actividades para outono-inverno

    quinteirodacruz copia100.jpgRIBADUMIA> Obradoiros, cursos de cociña, actuacións musicais ou presentacións de libros, son algunhas das ofertas que buscan achegar ó público.

    {flowplayer}images/salnes/ACTIVIDADES_PAZO_QUINTEIRO.flv{/flowplayer}

    Ata o de agora, o Pazo xa viña acollendo eventos privados e organizando visitas ós seus xardíns, coñecidos sobre todo pola súa importante plantación de camelios. Co programa presentado hoxe, os propietarios buscan achegar as actividades a un público máis amplo.

    Dende o baile, ata a música, pasando pola astronomía, a cociña ou a enoloxía terán cabida no programa, aínda sen pechar. Polo de momento, só dous teñen data fixa: unha charla sobre Gastrosexoloxía o 23 de setembro, e clases de bailes de salón para o día 5 de outubro.

    Con estas actividades, os propietarios buscan recuperar o espírito de Quinteiro da Cruz, iniciado polo patriarca da familia Victoriano Piñeiro. Para conseguir máis información sobre o programa ou inscribirse en algunha actividade, os interesados poden visitar a web do Pazo.

    Redacción Salnés