Victoria González, nova edil de SAL, toma posesión do seu cargo

    fotonovasalcopia.jpgSANXENXO> Sobre a mesa, neste primeiro pleno para a edil, a renuncia dos concelleiros de SAL ó trinta por cento das retribucións que reciben por asistir os plenos.

    {flowplayer}images/salnes/NovaEdilSal.flv{/flowplayer}

    Os tres concelleiros de SAL no grupo de goberno renunciarán ó trinta por cento das retribucións que reciben pola asistencia ós plenos, consellos de xerencia e comisións informativas.

     Con esta medida, dende SAL pretenden dar exemplo e facer un chamada de atención ó resto dos grupos políticos, pois aseguran que de facelo todos o aforro sería moi importante.

    A medida foi trasladada ó pleno desta tarde onde ademais tomaba posesión a nova concelleira de SAL, que releva no cargo ó anterior edil Francisco Villaverde. A pesares da súa renuncia Villaverde continúa traballando para a formación e mantén o seu posto de presidente do partido. Victoria Serén, arquitecta de profesión prestará especial atención durante a súa xestión ós temas urbanísticos.

    Veciña de Sanxenxo dende sempre asegura tomar o cargo con máis ganas de traballar polos veciños que de facer carreira política, Gonzalo Pita deulle a noraboa polo seu nomeamento e dixo estar seguro de que xente como ela é a que fai falta en política.

    Ademais desta toma de posesión e da redución do trinta por cento outro tema que se tratou no pleno foi a moción presentada polo PSOE solicitando o pago a prazos do IBI. Tendo en conta a subida desta taxa con respecto ó ano anterior, os socialista agardan que polo menos os veciños poidan pagala de xeito fraccionado.

    Redacción Salnés