A ILLA> A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou esta mañá o concello da Illa de Arousa para coñecer de primeira man os traballos que están realizando nesta zona co investimento dende o Pazo Provincial. Un investimento que Carmela Silva anunciou que ascende os 520 mil euros no que vai de lexislatura. A presidenta tamén dixo esta mañá que as obras no edifico de usos náuticos se reanudarán en menos de 10 días.
520 mil de euros esa é a cifra que dende a deputación teñen investido no concello de A Illa de Arousa. Carmela Silva visitou esta mañá este concello onde dixo que 400 mil euros deste investimento chegaron do Plan Concellos e o resto en diferentes programas. A presidenta tamén quixo destacar os 21 mil euros destinados ao Atlantci Fest, un festival do que dixo se convertirá nunha cita de referencia a nivel nacional. E en relación os traballos onde foron invertidos os cartos da deputación Carmela Silva dixo que estaba moi satisfeita cos mesmo, como por exemplo coa Travesía de Entrecortinas que visitou esta mesma mañá.
Pola súa banda o alcalde de A Illa quixo amosar o seu agradecemento a deputación polo apoio amosado dende o Pazo Provincial dende que Carmela Silva tomou posesión do seu cargo. Carlos Iglesias dixo que hai unha diferencia abismal entre esta deputación e os 30 anos anteriores capitaneados por Rafael Louzán.
En relación as obras do edifico de usos náuticos do concello de A Illa que levan moitos meses paralizadas Carmela Silva dixo que se reanudarán os traballos nun prazo máximo de 10 días.
Un edificio de usos náuticos que finalmente non contará con cafetería.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/26/silva_ailla_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/26/silva_ailla.mp4{/flowplayer}