Ribeira conmemora o Día Mundial contra o cancro cunha gala de patinaxe e unha misa solemne

RIBEIRA> Ribeira sumarase á conmemoración do Día Mundial contra o cancro, que se celebra o 4 de febreiro, con numerosos actos. Ademais da recadación de fondos que se realizará polas rúas, celebrarase unha gala solidaria de patinaxe e unha misa solemne en lembranza dos enfermos de cancro.

A partir das 11 da mañá so sábado día 4, os membros da xunta local da AECC de Ribeira sairán á rúa para realizar o peditorio anual que ten por obxectivo recadar fondos para a entidade. Xa pola tarde, A partir das sete celebrarase unha gala solidaria de Patinaxe no pavillón municipal de Sirves. A entrada é gratuíta e os asistentes poden colaborar a través da compra de rifas nas que se sortearán diversos vales de compra e agasallos doados por establecementos comerciais de Ribeira.

Xa o domingo terá lugar unha misa solemne na igrexa de Palmeira en lembranza de tódalas persoas afectadas por cancro.

Dende o concello animaron a toda a cidadanía a colaborar e participar nestes actos que buscan dar visibilidade a unha doenza que afecta de xeito directo e indirecto 18 mil ribeirenses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí