NOIA> Dende esta tarde Noia forma parte xa oficialmente da Rede Galega de ‘Praias sen Fume’. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregáballe ó alcalde, Santiago Freire, o diploma de ouro que acredita á localidade o formar parte da iniciativa. A Rede Galega de ‘Praias sen Fume’, impulsada pola Dirección Xeral de Saúde Pública no ano 2016, conta a día de hoxe con máis de 140 areais en 64 municipios de toda Galicia.
Este é o momento no que o rexedor noiés, Santiago Freire, recibía o diploma de ouro da Rede Galega de ‘Praias sen Fume’,de mans do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Noia súamse así ós máis de sesenta concellos en toda Galicia que foran parte desta iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Saúde Pública no ano 2016 que busca concienciar á xente sobre a importancia de evitar o consumo de tabaco nos areias, non só polos graves prexuízos de saúde que conleva para o fumador, senón tamén para aqueles outros que se expoñem a esta substancia de xeito pasivo.
As últimas cifras indican que en Galicia ó redor do 20% da poboación é fumadora, chegando ó 15% na franxa de idade comprendida entre os 16 e os 24 anos. Uns datos que dende a consellería de Sanidade pretenden baixar nos próximos anos a través de campañas de sensibilización e iniciativas como as da Rede Galega de ‘Praias sen Fume’.