O concello rianxeiro traballa na rehabilitación dos locais do Liceo

    RIANXO> Un dos usos futuros que se lle dará ó inmoble será destinalo a local social e sede do club de xubilados. Acompañamos ó alcalde, Adolfo Muíños, durante a visita ós locais do edificio do antigo Liceo Marítimo, que despois de varios meses de xestións e trámites, vén de ser adquirido polo concello para patrimonio municipal, cun desembolso duns 115 mil euros. Os usos futuros do inmoble, dividido en tres pisos, son múltiples. Unha delas sería destinalo a local social e sede do club de xubilados. A intención do concello pasa agora por iniciar un lavado de cara das instalacións. Uns traballos que en primeira instancia, e á espera dun proxecto máis ambicioso, con maior investimento, ó ser necesaria tamén mellorar a súa accesibilidade, poderían prolongarse uns meses, sendo realizados polas propia brigada de obras municipal. O alcalde agarda tamén a implicación doutras Administracións, que fagan posible coas súas aportacións, poder realizar a mellora integral das instalacións, e a compra de equipamento necesario para poder ir desenvolvendo as distintas actividades. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/21/locaisliceorianxo210114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/21/locaisliceorianxo210114.mp4{/flowplayer}